Internet é a base das novas fórmulas de comunicación

Esta é unha das principais ideas que se recolleu do curso de verán organizado pola USC. Internet está a propiciar tamén unha redefinición do concepto de medios que a sociedade tiña ata o momento. A comunicación interactiva, a televisión 2.0, a implantación da TDT en Galicia, a web TV, a converxencia dixital, os novos modelos de negocio os cibermedios e a radio e a televisión multimedia foron os temas que centraron os catro días nos que se realizou o curso de verán da USC “TV Dixital Terrestre e por Internet”

Algunhas das ideas e impresións sobre os diferentes aspectos tratados no curso recóllense a continuación:

Rosa Franquet, Catedrática de Comunicación Audiovisual da UAB, resaltou que hoxe en día, o grao de penetración que ten a televisión non o teñen outros medios de comunicación e esta situación parece que non vai cambiar sustancialmente nos próximos 10 anos. Ese grao de penetración posibilita novas fórmulas de comunicación, como é o caso da web-TV. Neste caso, a interactividade televisiva considérase unha posibilidade de renovación da TV e permite agregar valor ós servizos de televisión. Ademais tamén hai que coñecer as limitacións das plataformas, xa que é a única vía para explotar con eficiencia as súas potencialidades.

Jorge E. Pérez Martínez, Catedrático da ETSI da Universidade Politécnica de Madrid, explicou que se está producindo un proceso de converxencia de tecnoloxías e mercados, no que nas empresas toman posicións en tódolos sectores relacionados (Tecnoloxías da Información, Contidos, Electrónica Profesional e de Consumo e Telecom). Isto prodúcese porque o valor desprazase ós contenidos (pero ós contidos que se poidan protexer); vaise ós teminais e á xestión e operación de todo o conxunto. Ademais considera que a evolución da tecnoloxía nos próximos 5 anos potenciará o emprego de contados dixitais online en televisión, ordenadores, terminais móviles (teléfonos, PDA, Reproductores de música, etc), videoconsolas, etc.

– Sobre a televisión móvil, cómpre destacar que aínda que hoxe en día o operador é o rei, nun futuro, o contido será o rei. Será preciso, por tanto, desenvolver as novas tecnoloxías para que un mismo contido poida ser recibido a través de diferentes soportes, de xeito que os usuarios poidan comezar a ver un programa no móvil e poidan velo no sofá da casa. Usuarios para os que haberá que xerar contidos específicos debido á crecente segmentación das audiencias.

Óscar Sacristán, diecrtor de LambdaStream da Coruña destacou que   o espítito da nova televisión será “ver lo que quieras, cuando quieras y donde quieras”. Os retos para cumprir neste campo son varios segundo Sacristán: garantizar a calidade do servizo, garantizar ó acceso ós mesmos, protexer os contidos, chegar ó salón da casa e flexibilizar a xeración de novos modelos de negocio.

– O variedade de formato e a distribución multiplataforma caracterizará ós contidos radiofóficos por internet. Así o afirmou Xosé Mª García Lastra que tamén considera que “la radio desaparece tal y como la entendíamos hasta ahora”. Segundo o Director de Xestión de contidos de Unión Radio Cadena Ser os novos medios van ser segmentables, personalizables e sindicalizables. Exíxense contido feitos a medida para cada persoa e camiñamos cara o que el denomina civilización “mis-medios”. Por outra parte, Lastra explicou que hai tres razóns que motivan que a radio se faga dixital: Máis calidade de audio, novos servizos e novos negocios.

Deixa un comentario