Prospectiva TIC 2026: xogando a ser adiviños

O Libro Blanco titulado  Prospectiva TIC 2026 trátase dun informe que pretende trazar unha panorámica das Tecnoloxías da Información e da Comunicación a longo prazo. Auspiciado por Prosodie e pola axencia  MARKESS International, basease nunha búsqueda documental previa que permitiu reunir informacións sobre o entorno demográfico, económico e sociolóxico no que se enmarcarán as TIC no ano 2026. Para elo foron consultados 50 expertos, contándose entre os mesmos directores de sistemas de información, altos cargos de empresas de comunicación e diversos persoeiros do ámbito político, xurídico e económico.

As entrevistas realizadas aos devanditos 50 “gurús” (divididos en catro grandes perfís socioprofesionais: conservadores, visionarios, pragmáticos e creativos)  permitiron aos autores do informe establecer unha lista de 11 temas primordiais que poderían influir dun xeito diáfano na configuración futura das TIC nos vindeiros 20 anos. Son os seguintes:

  1. A utilización dunha potencia informática multiplicada por 8.000 en 20 anos.
  2. A velocidade dos intercambios, con accesos a 100 terabits por segundo e a súa utilización.
  3. A xestión de miles de “alias” e de identidades virtuais.
  4. Os obxectos móbiles de identificación e de pago.
  5. A tradución vocal automática e simultánea da linguaxe.
  6. Os sensores en rede para potenciar os cinco sentidos.
  7. Os servizos á carta.
  8. A fisonomía das poblacións de informáticos internos.
  9. O rol do open source nos investimentos.
  10. A lexitimidade dos operadores nos servizos e o contido.
  11. A loita contra o cibercrime.

Entre as principais conclusións deste libro blanco destaca o feito de que a potencia informática, de seguir a Lei de Moore (aproximadamente cada dous anos se duplica o número de transistores nun ordenador), multiplicarase por 8.000. As estimacións prevén que para o ano 2026 haberá máis de 3.000 millóns de persoas conectadas a Internet. Isto conleva grandes dificultades no referente á validez ou factibilidade das identidades electrónicas ou “alias”, ademais de dificultar o esteblecemento dunhas canles de identificación e pago universais.

Segundo as conclusións tiradas do Prospectiva TIC 2026 o modelo de servizos aplicativos á carta e o software libre adquirirán un gran pulo. Finalmente, as Tecnoloxías da Información e da Comunicación desenrolarán dun xeito progresivo nos vindeiros anos a adopción de sensores en rede (os progresos serán importantes en materia de próteses, marcapasos, bombas de morfina…) e promoverán o emprego xeralizado da biometría (algunhas opinións apuntan cara á creación dunha tarxeta multifuncións que aúne documento nacional de identidade, tarxeta bancaria, moedeiro electrónico, permiso de conducción, etc.).

Moisés Limia Fernández

Deixa un comentario